lunes 8 de febrero de 2010

XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA




Do 7 de febreiro ao 14 de marzo de 2010 o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega de novo á cidade para facernos gozar da literatura e o amplo universo que a rodea.
O Salón do Libro está pensado para que tanto nenos coma adultos se divirtan e descubran xuntos o mundo dos libros. Por iso contan cun amplo programa de actividades para toda a familia.
Un lugar onde pasar a tarde lendo na sala de lectura, explorando os espazos fantásticos creados para a ocasión, tomando un café no aparcadoiro de pais e nais, gozando dunha tarde de teatro, escoitando contos, asistindo a obradoiros e conferencias…
Non vos perdades esta oportunidade, porque sexas como sexas, teñen preparado algo para ti e para a túa familia.

domingo 3 de enero de 2010

ELECCIÓN DOS XOGUETES


Xa se achega o día da ilusión. Todos agardamos impacientes as sorpresas que nos teñen preparadas as SSMM de Oriente .Para non confundirnos na elección dos xoguetes dos nosos fillos e fillas invitámosvos a ler este decálogo de consellos.
Clicade na imaxe para poder lelo
.




viernes 20 de noviembre de 2009

LEER.ES, NOVO ESPAZO PARA LECTORES E LECTORAS



O Ministerio de Educación acaba de presentar o centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, LEER.ES, creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Neste espazo poderanse atopar estímulos diferentes para a formación dos rapaces e rapazas como lectores de todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das súas propias creacións.

Leer.es tamén é un espazo para as familias e para os docentes, un lugar de encontro para os mediadores na tarefa de construir unha sociedade lectora. Irase enchendo de contidos coas achegas dos lectores e lectoras. Dispón dun bo número de documentos de interese sobre a lectura e a formación dos lectores que recomendamos.

Non pasedes de visitalo!!!

(Vía Bibliotecas Escolares)


lunes 9 de noviembre de 2009

AMAR É ENSINAR



Si es cierto que me amas,

no pongas en mis manos

el pez que otros pescaron

a fuerza de bogar

no quiero ser tu esclavo,

prefiero ser tu hermano

levántate y camina,

enséñame a pescar.

Si es cierto que me amas,

no cubras mis harapos

con telas que otras manos tejieron,

es mejor que sientas el orgullo

de ver sobre mis hombros

el paño que mis dedos hicieron con amor.

Si es cierto que me amas,

el pan que otros ganaron

no pongas en mi mesa,

gratuito, por favor

invítame a los campos,

entrégame un arado

que el pan es mas sabroso

mezclado con sudor.

Si es cierto que me amas,

no trates de narrarme

la historia de otros hombres,

si están sobre el papel

despiértame a la vida,

tu puedes levantarme

invítame a la escuela,

enséñame a leer.

Si es cierto que me amas

y sientes en el alma

la paz y la esperanza

que ha puesto en mí tu Dios

ayúdame a ser bueno,

yo anhelo tener calma

enséñame la senda del bien y del amor.

Si es cierto que me amas,

estréchame la mano

y enfréntame a la vida,

anímame a luchar

ayúdame a ser libre,

yo quiero ser tu hermano

que amar no es sentir lástima:

AMAR ES ENSEÑAR.


Ruyard Kipling


domingo 8 de noviembre de 2009

QUEN EDUCA AMA



Así comenza un artículo de Miguel Ángel Santos Guerra, publicado no seu blog El Adarve, donde quere lembrarnos:

“…sen amor é imposible que se produza un auténtico proceso educativo… O amor axudará a descubrir camiños, a manter a esperanza, brindará estratexias, dará fortaleza e perseverancia, e acercará con respeto ás persoas.
O amor está cargado de esixencia e de tenrura, de esforzo e de sensibilidade, de presencia e de distancia… Porque o amor é máis forte que a obstinada brutalidade e a torpeza máis aguda.
En moitas ocasións, obsesionámonos polas cousas que os nenos e alumnos ...
Buscamos o mellor para eles sen darnos conta de que os estamos privando do esencial: a compañía…”

Non deixedes de ler este artigo.

PINCHADE ABAIXO

El Adarve. Blog de Miguel Ángel Santos Guerra.

jueves 27 de agosto de 2009

AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO



A xunta publica unha orde pola que se convocan bolsas de axuda para a adquisición de libros de texto, materiais curricuares e material didáctico e complementario destinado ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso 2009/2010

ACCESO AO DOGA

sábado 6 de junio de 2009

DEZ PASOS PARA SER UN BO LECTOR



Dende Trafegando Ronseis, chégannos estos dez pasos , atopados en No sólo libros .


1.- Escolla unha data para comezar a ler e respéctea.

2.- Evite comezar por libros considerados de pouca calidade, pode que o título despois lle
decepcione por non reflectir a realidade e pode destruír a mellor das intencións.

3.- Líbrese de todos os móbiles, playstation, dvd's e afíns que teña preto.

4.- Despois de comezar a ler non pode parar sen, polo menos, chegar ao remate do primeiro capítulo; deixalo no medio aumenta considerablemente o risco de desistir antes mesmo de ter comezado.

5.- Para automotivarse, pense moitas veces en todos os beneficios da lectura.

6.- Pida ás persoas que están ao seu arredor que non bocexen nin se deiten no sofá a ver os programas de televisión que pasan en prime time.

7.- Pida axuda a un profesional -pode ser un libreiro, un editor, un profesor...- ou participe en fórums e blogues da especialidade. Estas comunidades de lectores axudarano a integrarse máis facilmente na súa nova realidade.

8.- Cambie de hábitos para evitar locais onde poida convivir con persoas completamente desinteresadas.

9.- Non faga pausas demasiado longas e compleménteas coa lectura dun xornal, revista, de banda deseñada ou dunha historia infantil.

10.- Parabéns. Se chegou ata aquí é porque xa é un bo lector. Mentres, evite os entusiasmos esaxerados, como, por exemplo, pasar a considerarse un intelectual.


SE VOS LEDES, ELES LEN