lunes, 15 de noviembre de 2010

OBRADOIROS PARA AS FAMILIAS NO MUSEO DO MAR



Este sábado 13 deron comezo no Museo do Mar os obradoiros para familias. A colección permanente, as exposicións tempo­rais ou o Acuario serán algúns dos puntos de partida para desenvolver un amplo programa que mestura o ocio e o coñecemento. Comezarán polo Acuario, onde teñen preparados xogos, actividades, experimentos e moitas sorpresas.

Os obradoiros terán lugar todos os sábados en horario de 16.30h á 18.30h, e vos iremos informando da temática cada semana.


Se vos queredes apuntar podedes facelo chamando ao teléfono 986247750 ou enchendo o formulario que atopa­redes na paxina web (aforo máximo 30 persoas). A idade mínima para participar é de 7 anos, e sempre acompa­ñado dun adulto.

Obradoiro : “Os sentidos dos animais do mar”

Datas: 13 e 20 de novembro

Horario: de 16.30h a 18.30h

domingo, 28 de febrero de 2010

ESCOLA DE FAMILIA



Un ano máis, dende a concellería de servizos sociais , ponse en marcha o programa de escolas de pais e nais coa finalidade de proporcionar máis recursos que axuden a mellorar a práctica educativa.


Este ano trataránse os seguintes temas:

  • Acoso escolar
  • Educación afectivo sexual
  • A estructura familiar:estructura actual, límites, comportamento e comunicación
  • Igualdade
  • Anorexia e bublimia

Haberá charlas e obradoiros relacionados cos temas. Non vos perdades unha ocasión coma esta.

Se queredes máis información clicade na imaxe do programa.

lunes, 8 de febrero de 2010

XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA




Do 7 de febreiro ao 14 de marzo de 2010 o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega de novo á cidade para facernos gozar da literatura e o amplo universo que a rodea.
O Salón do Libro está pensado para que tanto nenos coma adultos se divirtan e descubran xuntos o mundo dos libros. Por iso contan cun amplo programa de actividades para toda a familia.
Un lugar onde pasar a tarde lendo na sala de lectura, explorando os espazos fantásticos creados para a ocasión, tomando un café no aparcadoiro de pais e nais, gozando dunha tarde de teatro, escoitando contos, asistindo a obradoiros e conferencias…
Non vos perdades esta oportunidade, porque sexas como sexas, teñen preparado algo para ti e para a túa familia.

domingo, 3 de enero de 2010

ELECCIÓN DOS XOGUETES


Xa se achega o día da ilusión. Todos agardamos impacientes as sorpresas que nos teñen preparadas as SSMM de Oriente .Para non confundirnos na elección dos xoguetes dos nosos fillos e fillas invitámosvos a ler este decálogo de consellos.
Clicade na imaxe para poder lelo
.