jueves, 6 de diciembre de 2007

CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL


A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas puxo en marcha , por segundo ano, e pola boa acollida que tivo, unha nova oferta de Animación á Lectura dirixida neste caso a persoas adultas ou estudantes de bacharelato.

O club de lectura reúnese unha vez ao mes e as persoas que ainda estén interesadas en participar non teñen máis que dirixirse as propias instalacións da Biblioteca ou simplemente chamar ó telf. 986660765 e apuntarse.
Un club de lectura é un grupo de persoas que len o mesmo tempo un libro, previamente acordado de xeito conxunto. Cada quen faino na súa casa , pero cada quince días neste caso, reúnense para comentar as páxinas leídas.
Nas xuntanzas debátese sobre o lido na casa : o estilo literario, a acción , as persoaxes, a temática, etc.
En xeral esta conversa e as opinións escoitadas enriquecen a impresión inicial que cada quen acada da súa lectura en solitario.
Non é unha reunión de especialistas en literatura, nin de xentes moi cultas, senón que está orientada a lectores normais.
O obxetivo do Club de Lectura é exclusivamente incrementar o pracer da lectura compartindoo con outras persoas.
Esta iniciativa ten acadado un notable éxito noutras bibliotecas por canto esta lectura compartida resulta moito máis atractiva que facelo en solitario. Intentamos pois dende a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas ofertar unha actividade de cara os usuarios adultos e favorecer deste xeito o préstamo domiciliario de libros, unha das funcións básicas de todo centro bibliotecario de carácter público.

lunes, 16 de abril de 2007

A FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA



-É a que se ocupa de ver algúns programas de televisión, películas de vídeo... cos seus fillos e fillas e que, xuntos, comentan e comparten a experiencia.
-É aquela que entende que a compra dun libro forma parte dos gastos da educación dos seus fillos e fillas.
--É a que valora e le as publicacións que se fan no colexio.
-É aquela que acompaña aos seus fillos e fillas ás bibliotecas ou librerías para mirar e seleccionar xuntos os libros.
-É aquela que comparte e comenta as lecturas dos seus fillos e fillas.
-É aquela que acompaña aos seus fillos a visitar exposicións, que asiste a funcións de teatro ou monicreques e a outros espectáculos culturais.
-É a que da exemplo lendo libros, revistas, xornais...
-É aquela que conta contos aos seus fillos e fillas, recítalles rimas e poesías, as le en voz alta e enche os seus oídos de musicalidade e maxia.
-É a que anima a ler incluso antes de que o seu fillo ou filla saiba ler.