lunes, 24 de marzo de 2008

CONSELLOS PARA AXUDAR AOS FILLOS NO ESTUDIO


Aprender a estudiar é unha tarea, ás veces, un pouco complicada tanto para os fillos e fillas como para os pais e nais, sobre todo mentres non collen o hábito e as estratexias axeitadas.Vos xogades tamén un papel importante nesta tarefa.Por iso, a continuación, presentámosvos un enlace, xa incluido no blog principal, no que poderedes atopar consellos para axudar aos vosos fillos a estudiar.
Saltando a presentación atoparedes varios apartados, no 18 é onde se atopan os consellos para pais e profesores.

http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

Este material foi elaborado por Raúl Martínez, polo que foi premiado .

domingo, 2 de marzo de 2008

MOCHILAS VIAXEIRAS

Queridas familias:

Este curso iniciamos unha nova actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras, irán de casa en casa con lecturas e películas para compartir con ilusión pais e fillos.Irán acompañadas dun Caderno no que cada familia anota o seu nome, a data en que recibe a maleta e as opinións e impresións que lle suxire o material, tamén poden ir acompañados de debuxos sobre as lecturas ou película.

Entregaránse ao alumnado os venres e terán que ser devoltas o mércores da semana seguinte.

Os obxectivos que perseguimos con esta actividade son:

  • Concienciar ás familias do importante papel que desempeña no fomento da lectura.
  • Coñecer diversos tipos de libros (informativos, de ficción, álbumes,cómics, etc)
  • Recoñecer a situación de desigualdade que se vive dependendo do país ou época na que se vive, incluindo o dereito á educación.
  • Mellorar o hábito lector no alumnado do noso centro.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non o vexades como deberes, senón como un xeito de compartir e disfrutar os libros e películas en familia.

Contamos coa vosa colaboración e esperamos de vós que reflexionedes sobre a importancia deste novo proxecto no estímulo e apoio educativo dos vosos fillos e fillas.