Queridas familias:
Este curso iniciamos unha nova actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras, irán de casa en casa con lecturas e películas para compartir con ilusión pais e fillos.Irán acompañadas dun Caderno no que cada familia anota o seu nome, a data en que recibe a maleta e as opinións e impresións que lle suxire o material, tamén poden ir acompañados de debuxos sobre as lecturas ou película.
Entregaránse ao alumnado os venres e terán que ser devoltas o mércores da semana seguinte.
Os obxectivos que perseguimos con esta actividade son:
- Concienciar ás familias do importante papel que desempeña no fomento da lectura.
- Coñecer diversos tipos de libros (informativos, de ficción, álbumes,cómics, etc)
- Recoñecer a situación de desigualdade que se vive dependendo do país ou época na que se vive, incluindo o dereito á educación.
- Mellorar o hábito lector no alumnado do noso centro.
Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non o vexades como deberes, senón como un xeito de compartir e disfrutar os libros e películas en familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario