viernes, 20 de noviembre de 2009

LEER.ES, NOVO ESPAZO PARA LECTORES E LECTORAS



O Ministerio de Educación acaba de presentar o centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, LEER.ES, creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Neste espazo poderanse atopar estímulos diferentes para a formación dos rapaces e rapazas como lectores de todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das súas propias creacións.

Leer.es tamén é un espazo para as familias e para os docentes, un lugar de encontro para os mediadores na tarefa de construir unha sociedade lectora. Irase enchendo de contidos coas achegas dos lectores e lectoras. Dispón dun bo número de documentos de interese sobre a lectura e a formación dos lectores que recomendamos.

Non pasedes de visitalo!!!

(Vía Bibliotecas Escolares)


No hay comentarios: