martes, 2 de diciembre de 2008

Orientaciones para ler en familia



Cando estedes lendo co voso fillo ou filla, facémosvos as seguintes recomendacións:

  • Apagade a tele ou a radio, para non distraervos.
  • Que non resulte unha obriga e que sexa un rato divertido.
  • Se os vosos fillos todavía non saben ler, podedes mirar con eles as imaxes dun libro ou lerlles alguna historia.
  • Preguntadelle ao profesor ou ao responsable da biblioteca escolar do centro educativo dos vosos fillos qué lecturas son máis apropiadas ou cómo tendes que facelo.
  • Despois da lectura, comentade o que leíchedes: persoaxes, situacións, etc., e relacionadeos coa vida cotiá.
  • Se non tendes tempo para sentarvos a ler cos vosos fillos, que te lean algo mentres fas outra cousa: planchar, cociñar, coser, arranxar un aparato e, se estás canso, aproveita mientres descansas no sofá.
  • Cando o teu fillo ou filla te lea o texto, procura:
  1. Que fale alto e claro.
  2. Que articule e vocalice ben.
  3. Correxirlle cando pronuncie mal unha palabra, ou cando se salte algunha.
  4. Explicarlle as palabras que non entende. Para eso convén que teñas un diccionario a man.
  5. Que lea despacio, dando sentido ás frases, sen deterse.
  6. Que use a entoación apropiada, con expresividade evitando a monotonía, e que adecúa a voz e os xestos ao tipo de texto que sexa: poesía, descripción, diálogo, etc.

Por último, se un día, por cualquer motivo, non podedes facer o voso rato de lectura, non vos desanimedes: volvede a intentalo ao día siguiente con máis gana.


Ánimo!!!


Fonte: Idea basada e adaptada de FREDERICS Y TAYLOR, Los padres y la lectura: Un programa de trabajo, Madrid, Visor, 1991.




lunes, 24 de marzo de 2008

CONSELLOS PARA AXUDAR AOS FILLOS NO ESTUDIO


Aprender a estudiar é unha tarea, ás veces, un pouco complicada tanto para os fillos e fillas como para os pais e nais, sobre todo mentres non collen o hábito e as estratexias axeitadas.Vos xogades tamén un papel importante nesta tarefa.Por iso, a continuación, presentámosvos un enlace, xa incluido no blog principal, no que poderedes atopar consellos para axudar aos vosos fillos a estudiar.
Saltando a presentación atoparedes varios apartados, no 18 é onde se atopan os consellos para pais e profesores.

http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

Este material foi elaborado por Raúl Martínez, polo que foi premiado .

domingo, 2 de marzo de 2008

MOCHILAS VIAXEIRAS

Queridas familias:

Este curso iniciamos unha nova actividade de fomento da lectura dentro do Proxecto Lector do Centro. Trátase das Mochilas Viaxeiras, irán de casa en casa con lecturas e películas para compartir con ilusión pais e fillos.Irán acompañadas dun Caderno no que cada familia anota o seu nome, a data en que recibe a maleta e as opinións e impresións que lle suxire o material, tamén poden ir acompañados de debuxos sobre as lecturas ou película.

Entregaránse ao alumnado os venres e terán que ser devoltas o mércores da semana seguinte.

Os obxectivos que perseguimos con esta actividade son:

  • Concienciar ás familias do importante papel que desempeña no fomento da lectura.
  • Coñecer diversos tipos de libros (informativos, de ficción, álbumes,cómics, etc)
  • Recoñecer a situación de desigualdade que se vive dependendo do país ou época na que se vive, incluindo o dereito á educación.
  • Mellorar o hábito lector no alumnado do noso centro.

Para levar a cabo esta actividade, dun xeito efectivo e motivador, necesitamos que non o vexades como deberes, senón como un xeito de compartir e disfrutar os libros e películas en familia.

Contamos coa vosa colaboración e esperamos de vós que reflexionedes sobre a importancia deste novo proxecto no estímulo e apoio educativo dos vosos fillos e fillas.


martes, 5 de febrero de 2008

CANCIÓNS INFANTIS EN GALEGO


Por se queredes ensinar aos vosos filos e fillas cancións en galego, aqui vos deixamos este enlace dende onde as podedes descargar en mp3


domingo, 3 de febrero de 2008

PAIS E FILLOS NA REDE


Coñecer internet xunto aos vosos fillos pode ser unha actividade que vos pode axudar a aprender e coa que vos podedes divertir xuntos.Pero tamén ten algúns riscos por iso queremos daros algúns consellos:


  1. O ordenador debe estar nunha habitación familiar, debemos evitar telo na habitación dos nenos.


  2. Navegar por internet xuntos.


  3. Escoller páxinas seleccionadas con criterios psicopedagóxicos.


  4. Establecer reglas do uso de internet, incluindo o tempo e momento do día no que se usará.


  5. O teu fillo ou filla ten que relacionarse e xogar con outros nenos tamén fora da casa.


  6. Se non podes coidar do teu fillo ou filla, non convirtas o ordenador no teu sustituto.


  7. Foméntalle tamén a lectura, non deixes que internet sexa a súa única fonte de coñecemento.

Na entrada principal do noso Blog presentamos unha selección de webs útiles, divertidas e seguras para vos e os vosos fillos.

jueves, 6 de diciembre de 2007

CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL


A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas puxo en marcha , por segundo ano, e pola boa acollida que tivo, unha nova oferta de Animación á Lectura dirixida neste caso a persoas adultas ou estudantes de bacharelato.

O club de lectura reúnese unha vez ao mes e as persoas que ainda estén interesadas en participar non teñen máis que dirixirse as propias instalacións da Biblioteca ou simplemente chamar ó telf. 986660765 e apuntarse.
Un club de lectura é un grupo de persoas que len o mesmo tempo un libro, previamente acordado de xeito conxunto. Cada quen faino na súa casa , pero cada quince días neste caso, reúnense para comentar as páxinas leídas.
Nas xuntanzas debátese sobre o lido na casa : o estilo literario, a acción , as persoaxes, a temática, etc.
En xeral esta conversa e as opinións escoitadas enriquecen a impresión inicial que cada quen acada da súa lectura en solitario.
Non é unha reunión de especialistas en literatura, nin de xentes moi cultas, senón que está orientada a lectores normais.
O obxetivo do Club de Lectura é exclusivamente incrementar o pracer da lectura compartindoo con outras persoas.
Esta iniciativa ten acadado un notable éxito noutras bibliotecas por canto esta lectura compartida resulta moito máis atractiva que facelo en solitario. Intentamos pois dende a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas ofertar unha actividade de cara os usuarios adultos e favorecer deste xeito o préstamo domiciliario de libros, unha das funcións básicas de todo centro bibliotecario de carácter público.

lunes, 16 de abril de 2007

A FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA



-É a que se ocupa de ver algúns programas de televisión, películas de vídeo... cos seus fillos e fillas e que, xuntos, comentan e comparten a experiencia.
-É aquela que entende que a compra dun libro forma parte dos gastos da educación dos seus fillos e fillas.
--É a que valora e le as publicacións que se fan no colexio.
-É aquela que acompaña aos seus fillos e fillas ás bibliotecas ou librerías para mirar e seleccionar xuntos os libros.
-É aquela que comparte e comenta as lecturas dos seus fillos e fillas.
-É aquela que acompaña aos seus fillos a visitar exposicións, que asiste a funcións de teatro ou monicreques e a outros espectáculos culturais.
-É a que da exemplo lendo libros, revistas, xornais...
-É aquela que conta contos aos seus fillos e fillas, recítalles rimas e poesías, as le en voz alta e enche os seus oídos de musicalidade e maxia.
-É a que anima a ler incluso antes de que o seu fillo ou filla saiba ler.