sábado, 6 de junio de 2009

DEZ PASOS PARA SER UN BO LECTOR



Dende Trafegando Ronseis, chégannos estos dez pasos , atopados en No sólo libros .


1.- Escolla unha data para comezar a ler e respéctea.

2.- Evite comezar por libros considerados de pouca calidade, pode que o título despois lle
decepcione por non reflectir a realidade e pode destruír a mellor das intencións.

3.- Líbrese de todos os móbiles, playstation, dvd's e afíns que teña preto.

4.- Despois de comezar a ler non pode parar sen, polo menos, chegar ao remate do primeiro capítulo; deixalo no medio aumenta considerablemente o risco de desistir antes mesmo de ter comezado.

5.- Para automotivarse, pense moitas veces en todos os beneficios da lectura.

6.- Pida ás persoas que están ao seu arredor que non bocexen nin se deiten no sofá a ver os programas de televisión que pasan en prime time.

7.- Pida axuda a un profesional -pode ser un libreiro, un editor, un profesor...- ou participe en fórums e blogues da especialidade. Estas comunidades de lectores axudarano a integrarse máis facilmente na súa nova realidade.

8.- Cambie de hábitos para evitar locais onde poida convivir con persoas completamente desinteresadas.

9.- Non faga pausas demasiado longas e compleménteas coa lectura dun xornal, revista, de banda deseñada ou dunha historia infantil.

10.- Parabéns. Se chegou ata aquí é porque xa é un bo lector. Mentres, evite os entusiasmos esaxerados, como, por exemplo, pasar a considerarse un intelectual.


SE VOS LEDES, ELES LEN

No hay comentarios: